Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

O título de graduado en secundaria é o título básico do sistema educativo español. Con el pódese acceder á formación profesional específica de grao medio ou aos estudos de bacharelato.

As probas están estruturadas en tres ámbitos:

-Ámbito da comunicación: inclúe probas específicas correspondentes á Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura e Lingua estranxeira.

-Ámbito científico-tecnolóxico: inclúe probas específicas de Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da natureza (contidos de Xeoloxía, Bioloxía, e Física e química).

-Ámbito social: inclúe contidos correspondentes fundamentalmente a Xeografía e historia, con algunha cuestión concreta de Música e de Educación plástica e visual.

-As probas celébranse nos meses de xuño e setembro, normalmente na primeira quincena deses meses.

-As datas exactas de celebración, as datas de matriculación, os lugares onde se celebran os exames, etc. aparecen detallados na resolución pola que se convocan, normalmente no mes de maio.

Consulta as túas dúbidas sobre a proba en www.academiascio.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>